Presentaronse en Ourense os videos promocionais de “Cuñados no Ribeiro”

Unha serie de dez capítulos da produtora coruñesa Protocabo

Ourense | O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e a produtora coruñesa Protocabo presentaron no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, unha serie de dez capítulos cos vídeos denominados “Cuñados na D.Ou. Ribeiro”. Participaron Juan Casares Gándara, presidente do C. R.D.Ou. Ribeiro, Alfonso López Montaña, director de desenvolvemento de negocio de Portocabo e César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.

Os actores principais da película Cuñados, Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez visitan diferentes puntos crave situados na D.Ou. Ribeiro, como o Mosteiro de San Clodio, o encoro de Castrelo de Miño e o Museo do Viño de Galicia e relatan as súas experiencias neses lugares tan significativos e algunha que outra anécdota divertida na zona durante a rodaxe da película.

“Estamos ante a acción promocional máis importante para a D.Ou. Ribeiro nos últimos anos”

Juan Casares sinalou que “estamos ante a acción promocional máis importante para a D.Ou. Ribeiro nos últimos anos, e queremos que todo o pública descubra o Ribeiro e con estes dez vídeos descubrímoslles todas as potencialidades da zona: as persoas, o territorio, a paisaxe, o patrimonio, a cultura, o termalismo e o viño. Consumir viño da D.Ou. Ribeiro xera emocións, pero consumilo no territorio xera emocións”.

A película Cuñados
Cuñados convértese na película rodada en galego coa estrea máis grande da historia, con máis de 120 salas na súa primeira fin de semana do trinque. E na súa segunda semana de exhibición aumentou o número de copias excedendo as 130 salas en todo o territorio español. Foi a mellor estrea española no que vai de ano, con máis de 43.000 espectadores acumulados en toda España desde a súa estrea o 9 de abril.

Lidera, tamén, o despacho de billetes de Galicia, onde cada día foi a película escollida polos espectadores. Mantense como o filme máis taquillero e máis visto en Galicia por sexta semana desde a súa estrea en cinemas.