Presentado o programa das Festas do Cristo 2019

O Porriño | A XXI “Feira de Oportunidades Merca na Rúa”, o concerto musical da artista local Xoana, e as Festas da Risca e a Medieval no CRC que terán lugar durante este vindeiro fin de semana, marcan o inicio formal da programación festiva do mes de setembro organizada polo Concello de Porriño con motivo do Cristo, os festexos principais da vila.

O orzamento dos festexos que rematarán o domingo 29 co “Recristo” e a XXVI Festa dos Callos como grande reclamo, será de aproximadamente 170.000 euros, “unha cantidade lixeiramente inferior, dez mil euros menos que no 2018”, segundo indicou David Alonso, concelleiro responsable da programación.

O edil ponderou que “os eventos culturais, os deportivos e os musicais son os tres pilares básicos da programación”. Suliñou “diversas novedades no ámbito deportivo que acumula 26 eventos” como o “Porriño Street Festival” ou Rally Mix Concello de Porriño que se estrean este ano mentres que se garante a continuidade doutros como a Nocturna, é dicir o Criterium Ciclista”.

O concelleiro responsable valorou que “un dos pratos fortes será a programación musical” e resaltou “especialmente os concertos dos grupos ‘Dakídarría” e “Crebinsky”que será o 20 de setembro e o dos canarios “Efecto Pasillo”, previsto para o 21, ambos na avenida Domingo Bueno”. “E o domingo do Cristo as actuacións das orquestas ‘América’ na praza do Concello e “Charleston” en avenida Domingo Bueno, ambas facendo dous pases”. E destacou tamén o concerto do luns 23 que será a cargo do grupo ‘La Fórmula’ que van realizar unha actuación tinuada durante cinco horas do que pensó non hai precedentes en ningún pobo de Galicia”.

Asimesmo reivindicou “a recuperación da animación por barrios que será durante o ‘Recristo’ con actuacións musicais por barrios da cidade, en sete barrios históricos como San Benito, San Sebastián, a Alameda da Avenida de Galicia ou a zona de Sol, entre outros” citou o concelleiro. E por outra banda anunciou para o sábado 28 outra novidade de música itinerante que “será a actuación da Banda da Cultural de Arcade que a bordo dun autobús descapotable de dous andares percorrerá toda a cidade e todas as parroquias para que a sensación de festa chegase a todos os rincóns do concello”. David Alonso lembrou que él como orixinario dunha parroquia pequena (Cans) “sempre botaba en falta que houbera esa conexión que agora pretendemos correxir”, engadiu.

Pola súa banda a alcaldesa Eva García alabou o programa de festexos coordinado por David Alonso. “Estou segura que vai ser un éxito porque están pensadas para todos; atenden as demandas de todos os sectores sociais” e abogou “porque milleiros de persoas de toda a área metropolitana veñan ata Porriño a disfrutar das nosas Festas”.