Presentación en Santiago da IX Edición do Festival Atlántica de Narración Oral

Na Cidade da Cultura o próximo 15 de xuño

Santiago de Compostela | O Festival Atlántica vai desenvolver a súa novena edición do 1 ao 11 de xullo con actuacións en toda Galicia. O programa inclúe a participación de narradores nacionais e internacionais.

“É a primeira vez que Atlántica se celebra no verán e incluirá novidades como funcións en espazos de gran valor patrimonial e tamén naturais”

É a primeira vez que Atlántica se celebra no verán e incluirá novidades como funcións en espazos de gran valor patrimonial e tamén naturais. O Festival Atlántica celebra nove anos de actividade ininterrompida reinventándose para manter o lema #culturasegura e faino cun programa que o converte no encontro de narración oral máis importante de España destas características (número de funcións e narradores, duración e dimensión xeográfica). Máis información na rolda de prensa:

DATA E HORA: martes 15 de xuño do 2021 ás 11:30 h
LUGAR: Auditorio da Cidade da Cultura

ASISTEN:
Anxo Lorenzo Suárez | Director Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Xurxo Couto | Deputado de Cultura da Deputación da Coruña.
Manuel González López | Alcalde do Concello de Outes.
Manuel Campos Velay | Alcalde do Concello de Cuntis.

Xosé Lois Piñeiro García | Alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal.
Mercedes Rosón Ferreiro | Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela.

María José Sampedro Fernández | Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira Delegada de Cultura, Infraestructuras e Urbanismo.
Antonio Golpe Díaz | Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro Delegado da Area de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas do Concello de Ferrol.

Mayte Argibay Silva | Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Teo.
Begoña Blanco Blanco | Concelleira de Cultura, Turismo, Parques e Xardíns e Igualdade do Concello de Lalín.
Soledad Felloza | Directora do Festival Atlántica.