
Ponteareas | O Centro Artístico Sportivo presentará este venres 24 de abril, a partir das 20 horas, o libro “Natureza e vulnerabilidade” (edicións Laiovento, 2025) do profesor Alexandre Cendón González (Vigo, 1973) membro fundador da Asemblea do Suído, coordinador da Federación Ecoloxista Galega e presidente do monte veciñal de Santiago de Covelo (ICCA) O acto, organizado por edicións Laiovento e O Faiado Cultural, contará igualmente coa presenza do escritor e avogado Roberto Mera Covas.

O libro fai unha análise orixinal, pertinente e rigorosa sobre o concepto de natureza, a partir da constatación da súa vulnerabilidade, entendida esta como exposición ao dano e como apertura. Unha vulnerabilidade que non se refire á súa esencia, senón aos acontecementos históricos que desembocaron nel.




