Presentación do Trail do Trega na Guarda

Reunirá esta fin de semana a máis de 600 deportistas de Galicia e España

A Guarda | O Alcalde da Guarda e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Roberto Carrero, asistiu hoxe á presentación do Trail do Trega, que terá lugar esta fin de semana.

Unha proba organizada pola Deputación de Pontevedra, o Concello da Guarda e NOKO 360 que reunirá a máis de 600 deportistas de Galicia e do resto de España.

En palabras de Carrero, esta proba “de seguro namorará a todas as persoas participantes e que sorprende cada ano con novas incorporacións á ruta, como o espectacular Piñeiral Castrexo”.

Carrero mostrou o compromiso da Deputación co proxecto da Pontevedra Trail League, á que pertence esta proba, e lembrou que “apostamos polo deporte para crear unha sociedade máis activa, para crear contornas activas, para fomentar a súa práctica na natureza e, en definitiva, crear hábitos saudables”.