Presentación do “Pontebike Team” de Ponteareas

Participará en competición a nivel nacional

Ponteareas | O club ciclista “Pontebike Team” de Ponteareas, creado no ano 2020, da un paso adiante máis no seu crecemento. Decidiu crear este ano o seu equipo de competición a nivel nacional.

As categorías que formarán parte deste equipo serán, Cadete masculino e feminino, Junior, Sub23, Élite e Máster.

Así mesmo nas modalidades que participarán seran Enduro, Descenso e Xco.
Grazas ás empresas que patrocinan ao club, Porto Martínez SL, Sportskids, Biziebike e Cadacan e ás Institucións Públicas como Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, puideron crear este equipo de competición que espera estar nos primeiros postos da clasificación nacional.

Os ciclistas que formarán parte deste equipo son:

  • Cadete Masculino: Héctor
  • Quinteiro Cadete Feminino: Lucía Piñeira
  • Junior: Pablo Porto e Marcos Estévez.
  • Sub23: Ismael Romero, José Sánchez, Adrián Ucha, Brais Álvarez, Mateo Martínez e Sergio Piñeira.
  • Elite: José María Romero, Óscar Barciela, Xoán Pujales e Óscar Costas.
  • Máster: Juan Manuel Pousada.

O club espera seguir crecendo e formando un equipo competitivo a nivel nacional e dar a oportunidade a mocidade para que compitan na modalidade de Mtb que máis lles apaixone.