Presentación do libro “Inimigos ás portas, Frank López e o anarquismo global” de Bieito Alonso

Ponteareas | O Ateneo Amado Garra celebrou este xoves a presentación do libro “Inimigos ás portas, Frank López e o anarquismo global” (Editorial Galaxia) do historiador Bieito Alonso.

O acto foi presentado polo Presidente do Ateneo Amado Garra, Roberto Mera, quen agradeceu a presenza dos e das asistentes a quen animou a sumarse como socios e socias ao proxecto do Ateneo. Asemade agradeceu a Biblioteca Museo de Ponteareas por facilitar o espazo e os medios para celebrar o acto.

O autor, Bieito Alonso repasou a traxectoria do anarquista galego Frank López en Estados Unidos na segunda e terceira década do século XX e a súa relación con este movemento a nível global.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.