• Segue conectado
  • |

Presentación da “Festa dos Cachos 2016” no Porriño

NEA_festa-dos-cachos-16

O Porriño | O concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, os representantes da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, o presidente da Asociación de Hostaleiros, José Manuel Fernández, entre outros integrantes de colectivos da vila, presentaron este mércores a ‘Festa dos Cachos’, que se celebra este domingo, día 8, no barrio do Cristo dos Cachos.

“O vindeiro día 8 a Festa dos Cachos contara coa participación dos restaurantes locais e racións dos famoso marisco a prezos moi aquelados”

Marcelino Coto salientou a importancia que ten para o Porriño a recuperación desta tradición, que se perdera na década dos 80 do século pasado, e a laboura “altruista, constante e desinteresada” dos organizadores da mesma, “apoiados polo Concello que, un ano máis, suma o seu apoio para o seu mantemento”.

NEA_Presentacion_Festa_dos_CachosCoto amosouse convencido que a festa atraerá non so aos veciños do Porriño, senon a visitantes chegados de toda a provincia e, ademáis, quixo poñer en valor a aportación da Asociación local de Hostaleiros que axudaron a darlle máis pulo a esta iniciativa.

A festa dará comezo o domingo ao mediodía coa lectura de pregón, a cargo de Rebeca Leboso, que estivo presente na rolda de prensa de presentación da mesma e que dixo sentirse “moi orgullosa, coma porriñesa” de ser a pregoeira desta festa que amosa unha das tradicións centenarias da vila. Á lectura do pregón seguirá animación na rúa, sesión vermú, hinchabeis colocados polo Concello e, por suposto, a degustación dos cachos.

A historia dos cachos, como indicaron os participantes, “ven de lonxe”, dos tempos da resistencia das porriñesas e porriñeses contra a invasión napoleónica. Daquela no barrio, para honrar ao Cristo dos Aflixidos, instaurouse unha festa e, aos motivos relixosos, sumáronse outras actividades, entre elas a gastronómica, cos centolos, os famosos ‘cachos’ coma protagonistas.

O presidente dos hostaleiros sinalou que os “cachos” se servirán a un prezo de 6 euros na carpa da festa, e de 7 euros nos seis restaurantes participantes na mesma: Val da Louriña, Maracaibo, Cólleo con pinzas, O Carreteiro, La de Chato e Manolo.

Publicado o 4 Mai 2016 en Axenda, Gastronomía, O Porriño, Portada.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies