Premios do proxecto “A Deputación escoita” en Ourense

A institución provincial implicou á mocidade no desenvolvemento do territorio

Ourense | O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a entrega de premios do proxecto “A Deputación escoita” co que a institución provincial implicou á mocidade no desenvolvemento do territorio a través das súas propostas.

A deputada provincial de Mocidade, Teresa Barge; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; e o director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, foron os encargados de entregar os premios ás mellores propostas deste certame que estivo dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato dos centros educativos de toda a provincia.

O xurado do certame destacou “a alta calidade” das propostas presentadas e acordou por unanimidade conceder o primeiro premio a Marcos Fernández González do IES Chamoso Lamas; o segundo premio recaeu en Rocío Rodicio González do Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús; o terceiro premio foi para David Crespo Nogueira do IES Chamoso Lamas; e o cuarto premio recaeu en Hugo Pereira Fernández do IES Chamoso Lamas. O premio consiste en dúas entradas para o concerto de Ed Sheran que terá lugar o 6 de xullo no monte do Gozo en Santiago de Compostela.

A maiores, estableceuse un premio de dúas entradas para “O Gozo Festival” ao resto dos participantes no concurso: Carlos Valiñas Rivas, Ismael Santiago Rodríguez, Martín Claudio Cerdeira Varela, Rubén Pedrouzo Bernárdez e Tamara Janeiro Vinhal, do IES Chamoso Lamas. O xurado estivo integrado polo vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández -que actuou como presidente-; Teresa Barge, Montse Lama e Jesús Castrillo, na condición de vogais; e Aurelio Gómez Villar, como secretario do mesmo.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.