Premios do Certame “Cartas do verán” na Coruña

Foron galardoadas 42 rapaces polo seu uso do galego

A Coruña | A alcaldesa, Inés Rey, entregoulles hoxe os agasallos ás 42 nenas e nenos que tomaron parte na primeira edición do certame ‘Cartas de verán’, unha iniciativa posta en marcha polo Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística e que, durante a tempada estival, promoveu a escrita en lingua galega entre a cativada de ata 12 anos.

O concurso, aberto por primeira vez durante o pasado mes de agosto, recupera o antigo costume de escribir e recibir cartas ou tarxetas postais, un formato orientado a que a rapazada amose o seu talento e creatividade en galego, incidindo nas súas vivencias durante as vacacións de verán.

No acto de entrega dos agasallos, realizado no Centro Sociocultural Ágora, Inés Rey resaltou o compromiso do Goberno municipal coa promoción e o uso da lingua galega, e recordou que neste mandato, e por primeira vez na historia do Concello, “se aprobou unha ordenanza municipal reguladora da lingua galega, que promove o seu uso nas actuacións administrativas, de documentación, comunicación social e nas relacións coa cidadanía, porque desde as administracións públicas debemos traballar para impulsar o uso e prestixio do noso idioma”, subliñou a rexedora.

Neste sentido, a rexedora, acompañada polo persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística, puxo en valor “a importancia que teñen certames como ‘Cartas de verán’ pola Nota de prensa súa capacidade para lles chegar ás familias e aos fogares”, e felicitou as pequenas e pequenos participantes “pola súa imaxinación e capacidade de observación, moi necesarias na sociedade na que vivimos”. A alcaldesa recordou, ademais, que grazas á adhesión do Concello ao programa Apego, que integra arredor de trinta concellos de toda Galicia, lévanse a cabo durante todo o ano, maioritariamente no Centro Sociocultural Ágora, múltiples espectáculos e contacontos.