PP Ponteareas solicita melloras nas obras da subida a Santa Cristina de Bugarín

Critican que o proxecto non foi consensuado con todas as forzas políticas

Ponteareas/PP |  O Grupo Municipal do PP solicitou por escrito, ao Goberno bipartito, unha serie de melloras no proxecto de asfaltado e ampliación da subida a Santa Cristina de Bugarín.

Os populares consideran que o proxecto, “que como de costume, non é consensuado nin cos grupos da oposición nin cos representantes veciñais, conta con graves deficiencias que poderían emendarse antes de proceder co asfaltado”.

“Non ten sentido gastar o diñeiro neste asfaltado se dentro dun ano imos ter que levantar todo para acometer a finalización do saneamento, moi importante para a parroquia e que é posible a súa conexión á minidepuradora que ten capacidade suficiente. Hai que deixar as tubaxes xa instaladas e as saídas de regadío e pluviais previstas, así como facer o cambio das tubaxes de dúas traidas de auga veciñais que pasan por ese tramo e que teñen máis de corenta anos, así evitaremos un malgasto máis”.

O PP tamén solicita que se proceda ao cambio de localización de varios postes de eletricidad e telefonía, mellora da iluminación do vial e outras melloras de seguridade como un resgardo perimetral no Cruceiro de Porteliña. Tamén á altura da marquesiña dos nenos, en ou Viñal, que se reduza unha curva existente, porque a Asociación de Veciños conseguiu recentemente a cesión dos terreos, e que se incorpore ese punto á obra, coa construción dun muro, a ampliación do vial e o seu asfaltado.