PP Ponteareas lamenta a desidia do bipartito BNG-PSdeG na recollida do lixo

Tras ser condenado polos tribunais a pagar 60.000€ por intereses de demora
A sentencia dos Tribunais condena ao goberno de Ponteareas a pagar máis de 60.000 euros con intereses de demora.

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP xa advertira ao goberno local a principios do ano pasado que votar en contra da moción que presentamos no Pleno para actualizar a ordenanza municipal de Recollida e Tratamento do Lixo, e reducir o canon que se lles cobra aos veciños, ía traer perxuizos.

Estes días confirmouse cunha sentencia dos Tribunais o que decíamos, e condénase ao bipartito a pagar máis de 60.000 euros con intereses de demora.

Esta rebaixa dun 10% no recibo do lixo foi posta en marcha pola Xunta no ano 2018, a través de Sogama.

O Concello recibiu durante meses unha bonificación no canon do lixo e estaba obrigado a trasladala aos recibos que pagan os veciños, cousa que non fixo nos últimos tres anos, tendo agora que devolver a subvención que recibiu máis os correspondentes intereses de demora. Isto é moi grave.

Lamentamos a desidia do goberno local neste asunto, que repercute negativamente no peto dos veciños porque non só non se benefician da redución no recibo do lixo senón tamén porque agora teñen que pagar os intereses da sentencia. Deberían ser agora os propios concelleiros os que pagasen dos seus soldos eses cartos da sentencia.

O PP solicitamos por segunda vez no Pleno que de xeito urxente se modifique a ordenanza para rebaixar nun 10% o canon que pagan actualmente os veciños e que poidan beneficiarse desa bonificación a partir de agora.