PP Ponteareas denuncia impagos do Concello a funcionarios públicos

Trátase dos pluses de perigo e penosidade, sen pagar desde 2018

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP denuncia a falta de palabra que o Bipartito (BNG-PSOE) está a mostrar cos actuais traballadores municipais aos cales se lles debe varias retribucións.

“Mentres eles subíanse os salarios, os funcionarios do Concello de Ponteareas levan desde 2018 sen percibir os pluses de perigo e penosidad. Tampouco se lles pagou o plus derivado da situación de pandemia pola Covid-19”, explican desde o PP.

Por todo isto, o PP manterá unha reunión cos sindicatos maioritarios dentro do Concello e trasladará preguntas ao pleno da Corporación, co fin de esixir que o Bipartito abone as cantidades pendentes a estes funcionarios públicos.

“Non é de recibo que os concelleiros se suban o seu salario e teñamos a traballadores públicos pendentes de cobrar. Non sabemos se é que non existe crédito debido á súa nefasta xestión económica financeira ou que non teñen intención de pagarlles”.