PP Ponteareas apoia a continuidade de Ponte Solidario na Estación de Autobuses

Solicitará á Xunta o mantemento dos convenios coas asociacións

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP mantivo reunións cos usuarios de locais da Estación de Autobuses, como a Asociación sen ánimo de lucro Ponte Solidario, que desde o mediático anuncio do Bipartito de “entregar as chaves da Estación de Autobuses o 1 de abril á Xunta de Galicia”, atópanse nunha situación de incerteza.

A portavoz popular, Belén Villar, transmitiulles o seu apoio e pediulles calma xa que vai solicitar á Xunta de Galicia que se manteñan os convenios existentes con aquelas organizacións que veñan prestando alí a súa actividade.

Os populares manterán unha reunión para concertar a firma de varios convenios de préstamos de locais para estas asociacións.

O obxectivo destes convenios é que poidan “respirar tranquilos e non sentan ameazados polas decisións dun bipartito que vai á deriva “buscaremos unha transición ordenada e legal para dar saída a esta situación”, segundo comentou Villar.