PP Ponteareas agradeceu á Xunta de Galicia a dotación dun vehículo para a Policía Local

Axudará a mellorar a seguridade no casco urbano e nas parroquias

Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal de o PP agradece á Xunta de Galicia, e á Vicepresidencia Segunda dirixida por Diego Calvo, o anuncio realizado de incluír a Ponteareas no plan de axudas do Fondo de Compensación Ambiental para a adquisición de nuevo vehículos, de tipo patrulla ou todo terreo híbridos ou eléctricos, para uso da Policía Local de Ponteareas.

Esta axuda permitirá aumentar a seguridade en Ponteareas, non só no centro urbano senón tamén nas parroquias do municipio.

A portavoz e presidenta local, Belén Villar, considera que “facendo uso desta axuda, que permite a compra dun nuevo vehículo eléctrico ou híbrido, vaise a mellorar a vixilancia e protección dos veciños do municipio que continuamente se queixan da falta de seguridade nos últimos anos”.

A adquisición faise a través do programa da Xunta de Galicia para a compra de vehículos híbridos ou eléctricos a través do sistema de “renting” por un período de 48 meses. O vehículo debe ser apto para a Policía Local e contar co distintivo ambiental cero emisións ou Eco.