Pontevedra vibrou coa Selección Feminina na UEFA Nations League

A pesar da derrota ante Italia por 2-3 en Pasarón

Pontevedra | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este venres no estadio municipal de Pasarón, en Pontevedra, ao partido de fútbol disputado entre as seleccións femininas de España e Italia, correspondente á quinta xornada do grupo 4 da UEFA Nations League.

O mandatario provincial estivo acompañado pola vicepresidenta primeira e responsable de Deportes, Marta Fernández-Tapias.

España clasificou ás semifinais da UEFA Nations League a pesar da derrota 2-3 ante Italia.

Acendido luces de Nadal
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, inaugurou esta tarde a programación do Nadal do ente provincial na cerimonia de acendido do alumeado ornamental da sede da Deputación, que xa loce engalanada cun abeto de grandes dimensións e adornos típicos destas datas.

Despois de dar o tiro de saída ao acendido das luces, o mandatario provincial compartiu coa veciñanza que se acercou ao Pazo Provincial na Avenida de Montero Ríos unha chocolatada.

Ademais da iluminación do Pazo, outros inmobles da Deputación como a sede de Vigo, as instalacións de Príncipe Felipe, o Museo de Pontevedra, o Palacete das Mendoza ou os castelos de Soutomaior e Sobroso están tamén engalanados con ornamentos do Nadal. Ao mesmo tempo, o organismo provincial ten preparado un amplo programa de actividades para todos os públicos no Castelo de Soutomaior e no Museo de Pontevedra.