Ponteareas sufriu os embates do temporal

Co desbordamento do río Tea, desprendementos de terra e instalacións anegadas

Ponteareas | As fortes precipitacións e dificultades meteorolóxicas dos últimos días de 2022 e comezos deste novo ano deixaron fortes secuelas na fisonomía urbana e rural de Ponteareas, con numerosos desprendementos de terra e árbores en diversos viais.

Outros camiños e espazos urbanos, como o Complexo Deportivo Álvaro Pino, foron anegados debido á acumulación de auga e ao desbordamento do río Tea e os seus afluentes.

O complexo deportivo debeu pechar as súas instalacións o luns 2 de xaneiro debido á inundación sufrida.

Protección Civil e os servizos de emerxencia están actuando naqueles puntos afectados polo temporal.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.