O parque da Feira Vella será o gran pulmón de Ponteareas

A licitación cun orzamento superior aos 263.000€

Ponteareas | O Concello sacou oficialmente a licitación as obras do novo Parque Público de A Feira Vella. A actuación conta cun orzamento de 263.699,99€ para acometer a remodelación integral dun dos espazos públicos máis emblemáticos e con maior historia da vila. O proxecto leva a sinatura do prestixioso doutor enxeñeiro e paisaxista Pedro Calaza Martínez.

A actuación permitirá transformar A Feira Vella nun parque urbano renovado, máis verde, accesible e sostible, incorporando novas especies arbóreas, arbustivas e herbáceas e contemplando unha renovación integral dos pavimentos e dos percorridos peonís, movementos de terras, novos espazos de estancia, melloras de accesibilidade e seguridade, renovación das instalacións de rega e incorporación de novo mobiliario e equipamento. A actuación esténdese tamén ás beirarrúas e a parte das zonas de aparcamento das rúas Castañal e Carballos, favorecendo unha mellor integración do parque coa súa contorna urbana.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.