Ponteareas presenta un Orzamento 2021 de mais de 18 millóns de euros

Con prioridade en benestar social, infraestruturas e emprego

Ponteareas| O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde, Chus Garrote, presentaron o orzamento do Concello para 2021, que suma un total de 18,3 millóns de euros. Entre as partidas que destacaron están as destinadas as políticas sociais, con máis de 3 millóns de euros. Os investimentos destinados a infraestructuras básicas como saneamento e de mellora de eficiencia enerxética nos edificios públicos suman case 4 millóns de euros.

Represas calificou os orzamentos de “equilibrados” para atender as necesidades cambiantes que pode provocar a crise da Covid-19. Neste escenario son uns orzamentos que permitirán atender “con solvencia” todos os servizos básicos e acometer novos investimentos pero sen pór en risco a situación económica do Concello. “Para este goberno o primeiro sempre son as persoas e a nosa pretensión con éstes orzamentos é que ninguén se quede atrás na grave situación que temos que encarar en 2021 como consecuencia da pandemia”.

Aínda que o goberno do Estado eliminou a necesidade de respectar a regra de gasto, o informe de intervención é ben claro e recolle que a proposta de orzamento conta cun “aforro neto” de 1.565.962,86 euros. Tamén salienta o criterio de prudencia utilizado á hora de calcular os ingresos, sendo coincidente coa formulación requerida pola Intervención Xeral do Estado de estimar os ingresos en termos de recadación.

Chus Garrote valorou moi positivamente a decisión do goberno do Estado encabezado por Pedro Sánchez, de eliminar a regra de gasto para 2020 e 2021, “unha norma que impedía desenvolver algún dos investimentos prioritarios e que iba en contra da autonomía municipal”.

A partir de agora, a tramitación dos orzamentos, que contan cos informes de Intervención favorables, pasan primeiro pola Comisión de Facenda e posteriormente serán debatidos no Pleno Ordinario da Corporación do presente mes de novembro que se celebrará o martes 24.

Represas e Garrote destacaron que Ponteareas é un dos primeiros concellos da Comarca e da provincia, dos de máis de 20.000 habitantes, en levar os orzamentos a Pleno.
O alcalde, e responsábel da área de Facenda, indicou que se trata dun documento que permitirá encarar o vindeiro ano 2021 con certa seguridade porque ademais de contemplar partidas para atender ás necesidades básicas e as obrigas municipais, conta con partidas por máis dun millón de euros que de entrada non están comprometidas, e que poderán utilizarse en función das necesidades e da evolución da crise da Covid.

O importe da débeda destinada en exclusiva a investimentos está moi por debaixo do límite legal, tendo o Concello marxe de endebedamento de varios millóns de euros, si no futuro fose preciso para novos investimentos ou para necesidades puntuais de adiantar investimentos mentres non se reciben fondos doutras administracións, principalmente de fondos europeos. “Unha situación inédita noutras épocas e que é o resultado da xestión económica realizada nos últimos cinco anos” afirmou Represas.

Chus Garrote salientou as axudas e subvencións para os colectivos máis desfavorecidos, a partida destinada duplícase con respecto a 2019, último exercicio anterior ao COVID, pasando dos 117.000 euros destinados á axudas de emerxencia social ao 234.000 que figuran nas previsións do capítulo 4 de subvencións en benestar social para o 2021.

O alcalde tamén se referíu ás áreas de Benestar Social que se incrementaron en 1,3 millóns de euros en 5 anos, pasaron de 1.990.000 euros en 2015 aos 3.310.953,14 € na previsión para 2021, “un 66% máis que en 2015, un exemplo claro da aposta deste goberno polas políticas de benestar, destinando os recursos necesarios para quén máis o necesita”.

Publicado o 18 Nov 2020 en Economía, Ponteareas, Portada.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!