Ponteareas instala a iluminación de Nadal para potenciar a actividade comercial

O Concello achega un 5% do investimento total en axudas

Ponteareas| As rúas do centro urbano e as parroquias de Ponteareas acollen nestes días a instalación da iluminación de Nadal. Un cento de arcos e outros tantos elementos de iluminación empregados na montaxe, adobiarán as rúas de Ponteareas no vindeiro mes de decembro. Todos os motivos son fabricados con estrutura de aluminio e díodos LED.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, indicou que o obxectivo desta instalación é “potenciar e contribuír á actividade económica en Ponteareas, nunha campaña comercial de Nadal que será a máis atípica dos últimos anos”

Ademais, Eva Gil adiantou que “se a situación sanitaria o permite, as actividades paralelas para a dinamización comercial realizaranse con animacións itinerantes de rúa a cargo de agrupacións locais, evitando aglomeracións e creando un ambiente agradable durante as semanas previas ao Nadal para animar á poboación a realizar as súas compras na nosa vila”

Dende o goberno local sinalan que “nun ano de grande incerteza con motivo da COVID-19, centramos os nosos esforzos en apoiar a todos os sectores afectados pola crise sanitaria. Deste xeito, ás medida de apoio ao comercio e hostalaría como un dos sectores con máis peso económico da localidade, súmase ao apoio económico a persoas autónomas e empresas, clubs deportivos ou entidades culturais, veciñais e sociais, así como axudas de emerxencia social.”

“Sumamos máis dun millón de euros en diversas axudas durante este ano. A instalación da iluminación de Nadal representa menos do 5% do investimento total, e repercutirá positivamente na dinamización da actividade comercial”, indican dende o goberno.

Publicado o 13 Nov 2020 en Economía, Ponteareas, Portada.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!