Ponteareas deu a coñecer aos gañadores do concurso #TikTokTea

Entre as 19 propostas presentadas para participantes de entre 13 e 16 anos

Ponteareas | Ponteareas entregou os premios do concurso #TikTokTea, nun acto no que se deron a coñecer as persoas gañadoras de entre as 19 propostas presentadas ao certame.

Na categoría A, para participantes de entre 13 e 16 anos, os membros do xurado decidiron premiar o vídeo presentado por Alba Graciela Cracium e Candela Piñeiro Estévez.

Valoraron especialmente o traballo realizado polas mozas que interpretaron a peza musical e recitaron o poema. En canto á categoría B, de maiores de 17 anos, a galardoada foi a proposta de Judith Alonso Alonso, da que destacaron a calidade de planos e o traballo do guión. Ademais os membros do xurado decidiron darlle un accésit á proposta de Pablo Costa Melón, pola súa orixinalidade e polo emprazamento empregado para o vídeo “Vivir nos castros”.

En canto ás votacións realizadas polo público, obtidas a través das reaccións nos perfís das redes sociais de Cultura e Turismo Ponteareas en Facebook e Instagram, recibiron o premio Violeta Serén, na categoría A, e Iria Pérez Rodeiro, na categoría B.

O xurado para a elección do mellor vídeo en cada categoría, estivo formado por Carlos García Vieito (membro da Mesa pola Normalización Lingüística e especialista en Comunicación), Adrián González Fernández (produtor audiovisual en Diaño Films, gañadora do premio do público ao mellor vídeo musical no Festival de Cans 2020) e Mario Brión Toucedo (@olaxonmario, gañador do premio a o mellor youtubeiro do concurso Youtubeir@s 2020), que conduciu o acto de entrega de premios.

Os concelleiros de Lingua, Fernando Groba, e de Mocidade, Miguel Bouzó, agradeceron no transcurso do acto a participación de todas as persoas concursantes, felicitárona pola súa creatividade e animárona a empregar a nosa lingua nas redes