Ponteareas da comezo á campaña #Quereoteumercado

Para incentivar o comercio local

Ponteareas | O Concello presentou esta mañá a campaña #Quereoteumercado da Xunta de Galicia co obxectivo de apoiar aos comerciantes locais e concienciar e impulsar as compras na vila por partes dos veciños e veciñas.

Con este motivo, o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, visitou o mercado municipal acompañado pola alcaldesa Nava Castro, o concelleiro de Comercio, Ricardo González, o concelleiro Francisco Represas e as concelleiras Silvia Fernández e Raquel Plana, así como diversos representantes do sector.

Na visita, o director xeral de Comercio e Consumo puido saudar aos comerciantes do mercado local e se fixo reparto duns pequenos agasallos. Con esta visita e a propia campaña #Quereoteumercado, búscase poñer en valor o propio e incentivar o apoio dos veciños e veciñas aos comerciantes locais impulsando as compras dentro dos establecementos e postos da propia vila como xeito de dinamización económica que axuda á creación de postos de traballo e fixación de poboación.

Durante o percorrido, proxectouse un novo vídeo promocional da concellería de Comercio e, logo da visita, houbo tempo para un tempo de diversión e lecer cos máis pequenos coa celebración dun obradoiro de elaboración de bombóns e trufas para nenos e nenas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.