Ponteareas asinou convenio coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Para paliar a crise alimentaria nos campamentos de refuxiados de Tindouf (Alxeria)

Ponteareas | A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e a presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla, asinaron hoxe un convenio de colaboración co que a administración local se compromete a destinar 6.000 euros ao programa “Axuda alimentaria para a poboación refuxiada Saharauí en Tindouf (Alxeria)”, co cal se pretende dar solución á falta de alimentos básicos nos campos de refuxiados en Tindouf (Alxeria).

Ata o comezo da pandemia, o Concello de Ponteareas colaboraba co programa da Vacacións en Paz, co que moitas nenas e nenos pasaban o verán con familias do municipio.

A COVID imposibilitou estas activades, polo que se decidiu destinar a mesma cantidade de cartos a tratar de contrarestar a difícil situación coa que conviven as persoas refuxiadas.

Nos campos de Tindouf as persoas máis vulnerábeis representan o 88% dos 173.600 refuxiados. A isto hai que engadir que a taxa de anemia entre as mulleres, embarazadas e nais lactantes aumentou até superar o 73%, como a porcentaxe de malnutrición entre as persoas menores de 5 anos, que se aproxima ao 25%, así como tamén se rexistra unha alta porcentaxe de persoas con diabetes e alta presión sanguínea arterial.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!