• Segue conectado
  • |

Ponteareas amplía a rede de abastecemento de auga a 95 vivendas en varios núcleos de Moreira, Angoares e San Mateo de Oliveira

O Concello destina 192.000 euros para estes proxectos que tamén permitirán completar a rede municipal nas Cachadas e A Lomba


Ponteareas | O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, vén de informar das obras de ampliación da rede municipal de abastecemento de auga, obras que nestas semanas comezou a executar o Condello en diferentes lugares das parroquias de Moreira, Angoares e San Mateo de Oliveira. Proxectos que tamén incluén completar a rede nos lugares de As Cachadas e A Lomba. Estas intervencións, que foron licitadas cun orzamento total de 192.668,858 euros, son financiadas con cargo ao Plan Concellos da Depuación de Pontevedra.

“Para o Goberno municipal, os servizos básicos como o abastecemento de auga potable para todos os veciños e veciñas son unha prioridade, un dos obxectivos que nos marcamos para este mandato”, manifestou Represas, quen engadíu que o Concello ten previsto executar varios proxectos máis de ampliación da rede municipal de auga ata chegar a todas as vivendas que o precisan, especialmente nos lugares das parroquias de Moreira e San Mateo de Oliveira que teñen padecido épocas de seca nos últimos anos.

Unha fase destes traballos, cun orzamento de 39.850,59 xa se estivo executando nas últimas semanas nos lugares de A Peroxa, O Calvario e A Feira na parroquia de Moreira,

permitindo achegar a rede de abastecemento a 28 vivendas. As obras consistiron na instalación da canalización e as conexións para cada vivenda no vial municipal, ata o límite de cada propiedade, que permitirá aos veciños e veciñas conectarse á rede xeral de subministro de auga potable, garantindo deste xeito o abastecemento a todos os fogares, mellorando a calidade de vida no rural

152.818,26 €
A seguinte fase, cun orzamento de 152.818,26 euros, comezará nas vindeiras semanas e permitirá achegar a rede xeral de subministro de auga a 67 vivendas máis nos lugares de Macadín e Soutiño na parroquia de Moreira; Abelleira en Angoares; Penavella e A Cheira en San Mateo de Oliveira; A Lomba en Areas e As Cachadas. As obras supoñen a instalación de oito novos tramos de rede de abastecemento cuxa lonxitude total é 2.524 metros.

Publicado o 13 Mai 2020 en Benestar Social, Ponteareas, Portada.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies