Plan de Acción para a dixitalización do comercio local en Tui

Programa financiado con fondos europeos

Tui | Coñecer o grao de dixitalización do comercio local é o obxectivo da enquisa que pon en marcha o Concello de Tui dirixida ao tecido comercial tudense. Esta acción forma parte do Plan de Acción para a Dixitalización do Comercio en Tui que esta en marcha financiado por fondos europeos Next Generation ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Este Plan está integrado no proxecto de “Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui” que se está a executar.

Dende o Concello de Tui convídase aos e ás comerciantes tudenses a participar nesta enquisa accesible a través da páxina web municipal, tui.gal.

Na enquisa pregúntase polos factores importantes á hora de decisión de compra dos clientes do establecemento, e como os procesos de dixitalización, sostenibilidade, globalización, ou o cambio nos hábitos de compra afectan ao desenvolvemento e crecemento da empresa.

Outra das cuestións plantexadas busca coñecer se o establecemento ten implantadas ferramentas de dixitalización ou está en proceso de transformación dixital. En caso afirmativo o cuestionario continúa preguntando polo motivo polo que se implementaron estas ferramentas, á importancia que se considera ten o grao de dixitalización da empresa, as ferramentas implantadas, e cales se destinan á promoción ou marketing, áreas máis afectadas pola dixitalización e as melloras que a dixitalización conleva.

Dende o Concello de Tui quérese destacar a importancia de lograr unha elevada participación na enquisa por parte do sector comercial, xa que os datos obtidos na mesma servirán para coñecer o nivel de dixitalización do comercio local, e en base aos mesmos identificar as oportunidades e desafíos deste proceso de dixitalización que se pon en marcha.

Os resultados obtidos na enquisa teranse en conta na elaboración do Plan de Acción para a transformación dixital do comercio en Tui dando resposta ás necesidades do sector de cara ao fortalecer o comercio local.

Abertas as inscricións para o Entroido
Este xoves 25 abre o prazo de inscrición para o XXXV Concurso Desfile de Entroido que se vai celebrar o Martes de Entroido, 13 de febreiro. Poderán participar comparsas, cun mínimo de 30 persoas disfrazadas, e grupos formados por entre 10 e 20 persoas.

A inscrición debe realizarse presentando a solicitude, e a documentación requirida, na sede electrónica do Concello de Tui. As comparsas non poderá ocupar máis de 120 metros de longo. As carrozas terán coma medidas máximas 4 metros de alto, 3 metros de ancho e 12 metros de longo.

No Desfile-concurso de Entroido entregaranse 5 mil euros en premios en tres categorías: xeral, carroza e fantasía. O importe oscila entre os 900€ do primeiro premio da Categoría xeral, e os 300€ do cuarto premio de carroza.

Amais establécese unha compensación económica por participar de 700€ para as comparsas que desfilen con carroza, e 250€ para as que non leven carroza, e de 250€ para os grupos con carroza e 100€ para os que non leven carroza.

Para outorgar os premios o xurado terá en conta o número de participantes da comparsa ou grupo, a actualidade, vestiario, parodia, e acompañamento musical. No caso das que concursen na categoría de Fantasía valorarase o vestiario, a coreografía ou o desfile realizado.

En caso de choiva o desfile aprazarase para o sábado 17 de febreiro, e nese caso a inscrición deberá realizarse de novo so o mércores 14 de febreiro.

O domingo, 18 de febreiro, ás 19.30 h celebrarase o Enterro do Bacallau no que deberán participar cando menos o 50% dos integrantes das comparsas ou grupos, vestidos de rigoroso loito.

A comparsa gañadora do concurso na categoría xeral será a que porte o Bacallau, a que gañe na categoría de carrozas terá que fabricar o Bacallau, e a que obteña maior puntuación en acompañamento musical realizará a escolta musical do Bacallau.

As bases completas do Desfile-concurso e o modelo de solicitude pódense consultar en tui.gal.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.