A piscina de Ponteareas recibe un certificado de calidade polo ensino de natación

Ponteareas | A Real Federación Española de Natación concede este certificado pola calidade do ensino de natación sendo a primeira instalación deportiva da provincia de Pontevedra que obten este certificado
Os máis pequenos e pequenas aprenderán a nadar cun xeito máis divertido da man de personagens de Disney
A Real Fedaración Española de Natación entregou á piscina de Ponteareas o certificado de garantía de calidade no ensino de natación. Trátase dun certificado deseñado pola Real Federación Española de Natación da man do Concello Superior de Deportes e Disney no marco do programa “Nadar es Vida”.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Concelleira de Comercio, Inés Vidal en representación do Concelleiro de Deportes, asistiron á entrega da certificación solicitada por Insdega, empresa que xestiona o complexo deportivo Álvaro Pino.

Contar con esta certificación significa seguir as pautas evolutivas e mecanizar os procesos informáticamente para que os criterios evaluativos sexan totalmente obxectivos e chequeados dende a RFEN.

Os monitores de natación da instalación recibiron esta mañá a formación necesaria para adaptarse ao programa que comezará a implantarse no centro nos vindeiros meses.

Personaxes de Disney
Entre as novidades que aporta este programa está a de que os novos niveis de natación contarán con recreación de personaxes de Disney da serie “Buscando a Dory” de xeito que os pequenos aprenderán a nadar de xeito máis divertido.

A piscina de Ponteareas é a primeira instalación deportiva da provincia de Pontevedra en obter este certificado.

Outros artigos