Pipper, o popular can que deu a volta a España, visita Ourense e Lugo

O turista canino percorre o país en busca de recursos turísticos que admitan mascotas
Pipper na Igrexa de Santa María das Pesqueiras en Lugo.

Ourense | Pipper, o can influencer máis popular de España, que se fixo coñecido ao converterse no primeiro can turista que dá a volta a España para promover a integración das mascotas en transportes, hostalería, atraccións turísticas… visita estes días varios destinos das provincias de Ourense e Lugo: a Ribeira Sacra, Allariz e Barreiros.

Neles explora que poden facer, e que non, as familias que viaxan con mascota para contalo aos cen mil seguidores que ten en www.pipperontour.com e os seus perfís en redes sociais.

Na Ribeira Sacra xa visitou adegas que admiten turistas con mascotas educadas, percorreu varios templos do románico e entrou no Ecomuseo de Arxeriz, ademais de acceder a varios restaurantes que aceptan cans de compañía.

Pipper no Cabo do Mundo (Lugo)

Ata este martes 22 permanecerá en Allariz para protagonizar unha reportaxe promocional do destino dirixido a turistas con mascota, unha tendencia crecente que pode axudar ao sector para volver a crecer cando termine a crise derivada da actual pandemia.

E o mércores 23 e xoves 24 gozará dunha das praias caninas de Lugo, Punta Corveira, en Barreiros. Pipper xa visitou fai tres anos outros destinos galegos durante o arranque da súa volta a España: Rías Baixas, Santiago de Compostela e Costa da Morte.

 

“Desde maio de 2018, este popular can percorreu preto de 50.000 quilómetros promocionando o turismo con mascota en todas as comunidades españolas”

Desde maio de 2018, este popular can percorreu preto de 50.000 quilómetros promocionando o turismo con mascota en todas as comunidades españolas xunto ao seu humano, o xornalista donostiarra Pablo Muñoz Gabilondo.

Os cans de compañía son hoxe uno máis da familia no 26 por cento dos fogares españois e os destinos españois han comezado a adaptar os seus transportes, aloxamentos, hostalería… para acoller a este perfil emerxente de usuario.

Integrar ás mascotas educadas no día a día das cidades é unha maneira de evitar o abandono e, de paso, de xerar negocio para saír da actual crise.