“Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina”

Manifestación este 17 de decembro en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela | A Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina convocan á sociedade galega a mobilizarse baixo o lema “Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina”. Despois de 9 semanas do inicio do masacre en Gaza cun número de vítimas mortais queseestima en 19.000, sen contar as desaparecidas, e máis de 50.000 feridas.

O reconto diario de horrores é tal que non poden deixarnos insensibles as novas de máis escolas bombardeadas, hospitais asediados, civís secuestrados e torturados e xornalistas asasinados. Uns crimes que afirmamos son un xenocidio e non unha guerra e moito menos unha guerra entre iguais.

O exemplo de activismo e solidariedade internacionalista na Galiza non ten igual, son xa máis de 160 concentracións nestas nove semanas con convocatorias en máis de 20 localidades galegas cada luns desde o 9 de Outubro. Desta vez, voltamos convocar unha manifestación unitaria en Compostela para exixir ao goberno español e á Unión Europea unha implicación real e decisións firmes para parar o exterminio do pobo palestino. De que vale aprobar outraresolución da ONU se non hai consecuencias nin sancións inmediatas?

Van xa nove semanas de bombardeos indiscriminados contra poboación civil, cunha ridícula e insuficiente tregua de catro días, bombardeos contra campamentos de refuxiadas noSurdafranxa onde a poboación se despraza mais non hai lugar seguro para ninguén. Mesmo esta semana chegaron as imaxes doutra escola da UNRWA bombardeada e as de mulleres, nenas e nenos asasinados a tiros polo exército de Israel noutra escola onde tamén buscaban un refuxio. Continúan os asedios a hospitais, chamadas de emerxencia ante a emerxencia, bloqueo de entrada de medicamentos, enerxía, comida e incluso auga nos centros médicos ademaisdadetención arbitraria de profesionais sanitarios.

Cada día é máis difícil a entrada de axuda humanitaria debido tanto ao control de Israel na fronteira de Rafah como polos ataques a persoal sanitario e cooperantes. Para complicar a precaria situación en Gaza, chegou o frío e a choiva, asolagandoos terreos esnaquizados polas bombas e o paso de tanques.

Xa o dixemos e continuamos a denunciar: Non hai lugar seguro en Gaza. É a nosa responsabilidade como sociedade denunciar este xenocidio, denunciar aosseuscómplices e colaboradores, mudar o discurso mediático e forzar decisións políticas valentes que paren dunha vez este masacre.

Como cidadáns temos o poder de actuar no día a día con accións de boicote, desinvestimentos e sancións a empresas e institución colaboradoras co estado xenocidadseIsrael, polo que chamamos tamén a colaborar nas accións e campañas deste movementointernacional.

A organización informou que haberá servizos de autobuses dende A Coruña, Ferrol, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cambados e Vilagarcía de Arousa.