Outono cultural en Arbo

Cunha diversa programación para os meses de outubro e novembro

Arbo | O Concello de Arbo presentou a súa programación cultural para este outono 2023.

20 de outubro: Infoconsumo ás 12:00 horas: Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar, no Salón de Conferencias do Museo Arabo.

27 de outubro: Infoconsumo ás 12:00 horas: Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas… no Salón de Conferencias do Museo Arabo

28 de outubro: Galicia sabe AMar de 12:00h a 15:00h e de 18:00h a 21:00 horas na Praza do Concello.

31 de outubro: 17:00 horas a 20:00 horas FESTA DE SAMAÍN no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo

3 de novembro: Infoconsumo ás 12:00 horas: Servizos no fogar: luz e gas, no Salón de Conferencias do Museo Arabo

10 de novembro: Infoconsumo ás 12:00 horas: Consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetado…. no Salón de Conferencias do Museo Arabo

15 de novembro: Ás 17:00 horas VII Magosto Popular na Praza do Concello. Castañas, chourizos e música.

25 de novembro: “Concerto de Santa Cecilia”, no auditorio do Centro Múltiusos de Arbo. Organizado pola Banda de Música de Arbo coa colaboración do Concello.

26 de novembro: Ás 10:00 horas “II Carreira contra a Violencia de Xénero”, saída dende a PRAZA CONSISTORIO. Durante los meses de Outubro a Decembro de 2023 realizaranse os seguintes talleres para o alumnado do C.E.I.P Antonio Carpintero sobre a “Educación en emocións”, cos grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e consistirá en 3 sesións de 60 minutos cada curso e un obradoiro sobre educación Afectivo- Sexual, para os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria consistente en dúas sesións de 50 minutos cada unha por curso.