Ourense foi sede da xornada internacional da Orde do Camiño de Santiago

O Vaticano, Colombia, Arxentina, Italia e México tiveron representación

Ourense | A Orde do Camiño de Santiago celebrou unha xornada na cidade de Ourense realizando unha peregrinación polo Camiño Vía da Prata- Camiño Mozárabe na cidade, que partiu do Palacio Episcopal e finalizou na Catedral. Estivo presente o Arcebispo de Ciudad de Panamá acompañado doutras personalidades civís e eclesiásticas.

Tamén participou o presidente da Pastoral de Turismo da Conferencia Episcopal Española xunto cos bispos de Pasto (Colombia) e Mar de Prata (Arxentina), o representante do Vaticano e representantes da Igrexa de Italia, México e España, xunto con persoas chegadas deses países.

Leonardo Lemos, bispo de Ourense, xunto cos directivos da Orde actuaron de anfitrións, participando nunha celebración na santa iglesia Catedral con misa concelebrada dedicada ao Apóstolo e visita posterior ao Pórtico do Paraíso, Capela do Santo Cristo e Museo Catedralicio.

Finalizou a xornada cunha degustación de produtos típicos de Galicia das zonas por onde discorre o Camiño de Vía da Prata. A próxima actividade da Orde terá lugar na Estación de Vilavella, A Mezquita (Ourense), dentro do proxecto “Coñece os Camiños”.