Ourense celebrou a festa dos maios

Para dar a benvida á primavera

Ourense | A provincia de Ourense conmemorou o primeiro domingo de maio a chegada da primavera coa la celebración de “Os maios”, festa de interese turístico de Galicia. Unha tradición moi arraigada na provincia, na que a confección dos maios e o canto de coplas xa comeza na xornada anterior. Asociacións como Rebulir ou Cantádeme un maio programaron actividades ao longo da xornada axustándose as restriccións que obriga a pandemia.

As coplas e a retranca foron protagonistas desta xornada por diferentes rúas e prazas de Ourense grazas a iniciativas populares logo de que o Concello decidise cancelar oficialmente esta festa. A plaza de Don Bosco acolleu o maio da asociación xuvenil Amencer, protagonizado pola pulpeira. O mio dos alumnos do IES 12 de Outubro desfilou pola rúa Paseo.

A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás celebrou o día 1 a actividad “Cantando o Maio”. Os participantes foron polo campo para recoller flores e dous obradoiros posteriores no recinto escolar de O Picouto para a elaboración dos maios, colares e coplas.