Os Reis Magos visitaron a Residencia Monte Santa Tecla na Guarda

Foron tamén recibidos polo alcalde Antonio Lomba
Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Santa Tecla.

A Guarda | O martes día 4 de xaneiro as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Santa Tecla.

A media tarde as Súas Maxestades de Oriente, que foran recibidas previamente polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acudiron á residencia para levar uns agasallos, visitar e escoitar aos homes e mulleres que quixeron intercambiar unhas palabras con eles.

Unha xornada moi animada na que non faltaron os bailes e a música nunha tarde chea de ilusión, diversión e alegría.

Non faltaron os bailes e a música nunha tarde chea de ilusión, diversión e alegría.

Tamén se respectaron as medidas sanitarias e as súas maxestades fixeron un test de antíxenos co equipo de enfermería da residencia.