Os Reis Magos percorren os barrios do Rosal

Visitarán máis de 60 puntos do municipio

O Rosal | Este ano os Reis Magos chegan a todos os barrios do Rosal. Unha delegación cos tres Reis e un axudante que velará por garantir que se cumpran as medidas de prevención percorrerán os diferentes barrios durante os días 4 e 5 de xaneiro, facendo paradas en máis de 60 puntos do municipio.

“Queremos achegar a programación de Nadal aos barrios, implicando á veciñanza e facendo que os nenos e nenas desfruten da visita dos Reis de xeito cómodo e seguro”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O Concello organizou un total catro equipos que se distribuirán para visitar en varios horarios diferentes puntos de Fornelos, Picón, Viso dos Eidos, Martín, Marzán, Cachada, Fecha, Pacenteo, Caselas, A Lomba, Couselo, Pías, Tamuxe, O Morán, San Miguel, Urgal, Valdemiñotos, Couso, Calvario, Cumieira, Telleira, Lagos, A Mata, Sandián, Novás, Rotea, Parada, Miranxe, San Xián, Portecelo, As Eiras e Tabagón.

A comitiva entrará nos barrios ao ritmo da música, aínda que será un acto estático no que se delimitarán os espazos para que o público que acuda poida manter as distancias de seguridade. Os Reis Magos levarán algunha sorpresa agochada para as nenas e nenos que lles visiten. En caso de choiva as actividades trasladaranse ás escolas unitarias. Dende o Concello quere agradecerse a colaboración das asociacións rosaleiras, sen as que non sería posible levar adiante actividades como esta.

Os Reis Magos continuarán a súa visita polo Rosal o martes 5 pola tarde. Será a partir das 17.00 horas no pavillón municipal, onde estarán precedidos polos Trasgos do Thea. Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa a través da web do Concello. Estarán permitidas un máximo de 3 persoas por solicitude.

Luns 4 de xaneiro
FORNELOS, PICÓN, VISO DOS EIDOS E MARTÍN
10.00 horas. Xestal, no lavadoiro
10.30 horas. Fonte do Picón
11.00 horas. Praza de Fornelos
12.00 horas. Sarrapó cruceiro
12.30 horas. Viso dos Eidos
13.00 horas. Praza de Martín

MARZÁN, CACHADA, FECHA E PACENTEO
10.00 horas. Xogo Marzán
10.30 horas. A Devesiña
11.00 horas. Camiño Campo Lameiro (esquina galiñeiro)
11.30 horas. A Cachada
12.00 horas. A Fecha
12.30 horas. Xogo Pacenteo
13.00 horas. Campo Dabute
13.30 horas. Troya

FORNELOS, CASELAS, A LOMBA, COUSELO E PÍAS
10.00 horas. Tanque de Caselas
10.30 horas. R2
11.00 horas. Ponte A Lomba
11.30 horas. Couselo de Abaixo
12.00 horas. Couselo
12.30 horas. Escola de Pías
13.00 horas. San Gregorio

PÍAS, TAMUXE, O MORÁN E SAN MIGUEL
10.00 horas. Parque Tamuxe, pista balonmán
10.30 horas. Morán, parada de autobús
11.00 horas. Escolas de San Miguel
11.30 horas. Camiño do Calvario, praza do cruceiro
12.00 horas. Alameda de San Miguel
12.30 horas. Alameda Cruz Vermella
13.00 horas. Parque de Pías

Martes 5 de xaneiro
URGAL, VALDEMIÑOTOS, COUSO E CALVARIO
10.00 horas. Urgal, cruce camiño do Fucheiro
10.30 horas. Parque Valdemiñotos
11.00 horas. Auditorio, estatua gaiteiro
11.30 horas. Barbuntín
12.00 horas. Carballeira do aparcadoiro das casas baratas
12.30 horas. Praza do Calvario

CUMIEIRA, TELLEIRA, LAGOS, A MATA E SANDIÁN
10.00 horas. Cruceiro da Fernanda (baixando pola farmacia)
10.30 horas. Parque A Telleira
11.00 horas. Lagos, Camiño Vello, enriba da ponte do vial
11.30 horas. Pista polideportiva
12.00 horas. Colexio da Mata
12.30 horas. Quesy
13.00 horas. Capela de Santa Ana
13.30 horas. Sandián, cruce do Camiño da Torre

NOVÁS, ROTEA, PARADA, MIRANXE, SAN XIÁN E PORTECELO
10.00 horas. Praza de Novás, campo de balonmán
10.30 horas. Parque A Mó
11.00 horas. A Rotea
11.30 horas. Parada
12.00 horas. Miranxe, parada de autobús
12.30 horas. Floro, aparcamento
13.00 horas. Praza de Sanxián
13.30 horas. Portecelo, explanada

EIRAS E TABAGÓN
10.00 horas. Escolas Tabagón
10.30 horas. Praza de San Pedro
11.00 horas. Volta da Mina
11.30 horas. Praza do Maio
12.00 horas. Palco das Eiras
12.30 horas. Igrexa das Eiras
13.00 horas. Escola das Eiras