Os equipos de descontaminación do exército de terra despréganse de novo na Cañiza

Esta vez para desinfectar as instalacións da residencia de maiores Nosa Señora do Rosario de Valeixe

A Cañiza | Aínda que ata o de agora non hai ningún contaxiado en ningunha das dúas residencias, os responsables dos Centros de maiores, solicitaron ao Concello que dende a Alcaldía se fixeran os trámites oficiales correspondentes para a intervención dos equipos de descontaminación NBQ (nuclear, bacteriolóxico, químico) do Exército de Terra.

O pasado luns, estes equipos estiveron actuando na residencia xeriátrica Santa Teresa da Cañiza, unha instalación con máis de 4.000 m2 na que conviven 132 e 74 traballadores.

A BRILAT Galicia VII con base en Pontevedra, despregouse hoxe na Residencia de maiores de Valeixe co apoio de militares da Base Cid Campeador de Burgos.

O Centro de Valeixe suma outros 32 usuarios e 22 traballadoras, por iso, dado o volume destas instalacións, era necesaria desenvolver una actuación preventiva de esterilización e hixiene.

Os equipos de descontaminación son expertos na loita contra axentes biolóxicos e químicos. Emprégase a mesma técnica que nunha guerra química ou biolóxica, xa que o coronavirus non deixa de ser un elemento biolóxico de alta resistencia.

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, solicitou oficialmente á subdelegada do goberno de España en Pontevedra, Maica Larriba, a intervención nos dous centros de maiores da Cañiza.

A misión destes profesionais consiste en pulverizar con sustancias desinfectantes todas as superficies e contribuen decididamente a disminuir a carga viral, feito importantísimo en caso de contaxio.

Durante a aplicación hai que ter moito cuidado, por iso establécese un protocolo de aillamento dos usuarios e traballadores ata que quedan rematados os traballos. Unha vez finalizada a limpeza e desinfección, os productos no son tóxicos polo que queda garantizada a saúde das máis de 250 persoas que forman parte deste colectivo de alto risco.