Orzamentos 2024 da Xunta de Galicia terán o gasto social “máis alto da historia”

Ascendendo a preto de 9.800 millóns de euros

Santiago de Compostela | O goberno galego acordou aprobar preto de 9.800 millóns de euros para gasto social nos orzamentos da Xunta de Galicia 2024, considerando este como “o máis alto da historia de Galicia”.

O Goberno galego reforzará unha vez máis o gasto social tradicional e as políticas de fomento do emprego, tal e como leva facendo exercicio tras exercicio nos últimos anos

Iniciativas con AEMOS para inserción laboral
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), para avanzar na colaboración entre a Xunta e esta entidade para a inserción laboral de persoas vulnerables, nomeadamente, vítimas da violencia de xénero.

A Administración autonómica colabora desde hai máis dunha década con Aemos no desenvolvemento de programas de emprego que inclúen o deseño e a realización de itinerarios laborais en empresas asociadas.