Oficina Agraria Móbil en Arbo

Este mércores 15 de xuño

Arbo | A OFICINA AGRARIA MÓBIL desprazarase ao Concello de ARBO o vindeiro mércores día 15 de xuño coincidindo co día de mercado neste municipio.

A oficina que se situará na Rúa Luis Cubelas, diante da oficina de correos, atenderá ao público dende ás 10:00 á 13:30 horas.

As funcións que realizarán son as seguintes:

1) SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
Información xeral.
Rexistro de documentación.
Alta e baixas de animais.

2) SERVIZOS VETERINARIOS
Xestión de guías sanitarias
Información sobre autorización e rexistro de explotacións gandeiras.

3) SERVIZOS AGRARIOS
Información de axudas e trámites de rexistros.
Información e trámites de viñedo.
Aconsellamento de explotacións.