Obras de mellora na Avenida de Portugal en Tui

Infraestrutura clave polo tránsito do Camiño de Santiago dende Portugal

Tui | O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Mitma, adxudicou as obras de adecuación e mellora da seguridade vial na Avenida de Portugal nun tramo de 400 metros na N-551 entre o cruzamento coa N-550 (intersección do Parador) até a vella Ponte Internacional.

En palabras do alcalde Enrique Cabaleiro, “contribuirá á transformar a principal porta de entrada de Portugal no noso país e Camiño de Santiago”.

As obras foron adxudicadas por importe de 532.870 euros e consistirán na mellora da seguridade vial e estética desta Avenida, entrada a España dende Portugal, Camiño de Santiago e acceso á cidade.

II Feira da Cabaza 
A cabaza foi a protagonista do Samaín en Tui coa celebración da segunda edición da Feira da Cabaza no edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada.

O programa contou con exposición e venda de cabazas, obradoiros infantís de cociña, showcooking, e música en directo amais de diversos pratos elaborados con cabaza na hostalería local. Como fin de festa, o domingo 30 de outubro houbo conxuro, queimada e castañas asadas.