Obradoiros gratuítos en Arbo

Abertas as inscricións con prazas limitadas

Arbo | Dado o éxito dos obradoiros realizados polo Concello de Arbo en outubro en distintos lugares do municipo e ante a demanda dos veciños e veciñas., o Concello de Arbo, ofrecerá durante os vindeiros meses obradoiros polas parroquias do municipio. Os cursos van dirixidos a toda a poboación é son gratuítos.

Obradoiro de adornos e cadros florais nas Escolas de Cequeliños

Obradoiro de Manualidades no local da Asociación San Antonio da Estación – Arbo.

Obradoiro de Obradoiro de cosmética natural e xabóns no local da Rede Natura da Lomba – Mourentan.

Os obxetivos desta nova iniciativa é promover a aprendizaxe dun labor. Mellorar a motricidade manual. Potenciar a creatividade e o entretemento. Mellorar a autoestima. Fomentar e potenciar as actividades en equipo e as relacións sociais entre os veciños e veciñas de Arbo.

Máis información e incrición nas oficinas municipais do Concello de Arbo ou no correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com

Nas vindeiras semanas ofertaranse obradoiros nas parroquias de Cabeiras e Barcela.

As prazas son limitadas e por orde de inscrición.