Obradoiro de Emprego Ecoterras de Celanova

Forma a vinte alumnos de varios concellos

Celanova | O Obradoiro de Emprego Ecoterras de Celanova no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 346.946 euros, está a formar a 20 alumnos – traballadores no módulo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Os participantes están a desenvolver as súas tarefas de mantemento de zonas verdes nas contornas do Campo da Feira (Xardíns, Parque infantil e Canastros), piscina municipal en Merouzo Grande, Canal do Ruca, escola infantil en A Manchica e beirarrúas en A Merca e A Manchica.

No concello de Cartelle: no parque infantil de A Ulfe, no parque infantil de Santa Baia, na piscina en Outomuro (zona xardín), no parque Padre Feijóo en Outomuro, no xardín casa do concello en Outomuro, no campo da Feira en Cartelle, no parque infantil na Seara, na área recreativa do Bagullo e na área recreativa en Prado.

No concello de Celanova está a actuar no mantemento no Parque do Rubí e nas piscinas municipais. Tamén están a traballar no mantemento da contorna da Casa do Concello e na contorna do Local Social de Poulo do concello de Gomesende.

As actuacións que están a levar a cabo no concello de Pontedeva son as seguintes: a contorna da capela e praza do canastro en Xinzo; a Praza Outeiriños, entorno da igrexa, entorno ludoteca, entorno Regueiro e entorno do canastro Aldea en Deva; a capela e Ponte entrada do pobo en Freáns; a contorna da fonte e entorno da ponte, na Abelleira ea entrada pobo Areal, praza casa do pobo, entrada parada polígono, entrada Condado-Polígono en Trado.

No concello de Quintela de Leirado están acondicionando os xardíns fronte á Casa do Concello e o Centro de Saúde, o xardín da Vivenda Comunitaria de Xacebáns, o xardín das Piscinas Municipais, a área recreativa do Santo Cristo, a contorna da fonte de Leirado e a área recreativa de Camporreal.

No concello de Ramirás: as áreas recreativas de San Paio dos Pitos, San Xoán, San Adrián, O Abeledo, Pontenova, Ponte da Barca; os parques de Pambre, San Andrés, Arredores do Velorio Municipal de Vilaflor e o aparcadoiro de Vilariño; as fontes de Freás de Eiras, Escudeiros, Tellado, Corredoira, Ver, Santomé , Almariz e Paizás,; o campo da fonte do Picouto e Eira das Portas Abertas; a Praza da igrexa de Penosiños; o xardín do Concello e o de San Andrés

No concello de Verea desenvolven as súas tarefas na piscina Municipal; na área Recreativa da Capela da Ascensión; na área Recreativa Casal de Vispo; no parque Biosaudable O Carballo, e nas zonas verdes situadas no entorno das capelas de Bangueses de Abaixo, Casares e Portela.