O Vía Crucis volve a Salvaterra en Semana Santa

O vindeiro 1º de abril no Recinto Amurallado

Salvaterra de Miño | Por segundo ano consecutivo un grupo de veciños e veciñas de Salvaterra de Miño e As Neves recrean o vía Crucis vivente no Recinto Amurallado de Salvaterra.

Preto de cen persoas serán as encargadas de por rostro aos personaxes que acompañaron a
Xesús nos seus últimos momentos ata a súa crucifixión.

Xente do pobo, soldados, Poncio Pilato, a Virxe María, Caifás, Roboan… recrean o xuizo ante Poncio Pilato e as diferentes estacións ata chegar a súa crucifixión e posterior resurrección en Monte Calvario.

Unha recreación que o ano pasado concentrou centos de persoas no Recinto Amurallado de
Salvaterra de Miño e que este ano conta con seguir acrecentando adeptos. A cita é o vindeiro 1 de abril a partir das 17:00h.