O Tyde F.C. participará en Torneo Internacional de fútbol en Alemaña

Os alevíns e benxamíns foron recibidos na Casa do Concello

Tui | Esta mañá celebrouse unha recepción aos 11 xogadores e a xogadora do Tyde F.C. que van a participar no Torneo Internacional de Versmold, onde compartirán experiencia con clubs de 12 países. Foron recibidos no salón de sesións da casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez.

No acto participaron tamén o presidente do Tyde F.C., Elías Vieiro e o director deportivo do club, José Manuel Quintana. Estiveron presentes os 11 xogadores e a xogadora acompañados polos seus adestradores, Samuel, José Paz e Raúl.

O alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, animou aos xogadores e xogadora que participarán neste torneo a desfrutar “desta experiencia marabillosa”. Apuntou tamén que este ano cumpríronse 10 anos da formalización da irmandade entre Tui en Versmold “xurdida das e dos tudenses que emigraron a este cidade alemá para buscar un futuro mellor”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez, agradeceu no acto ao Tyde F.C. a “coordinación deste evento e por ser a representación de Tui en Versmold”. Asemade, indicou que “dende a concellería de Deportes entregarémosvos uns obsequios para os nosos irmáns alemáns”.

O presidente do Tyde F.C., Elías Vieiro, e o director deportivo, José Manuel Quintana, amosaron hoxe o seu “orgullo por poder representar ao concello de Tui neste torneo” e agradeceron a oportunidade “única” que poderán vivir os e a xogadora de participar nun torneo internacional.

Deste xeito o Tyde F.C. volve esta fin de semana de novo a participar neste Torneo Internacional en Alemaña.