“O Son da Muralla” celebra o seu 25 aniversario

Será este 1 de agosto en Salvaterra

Salvaterra de Miño | O Festival O Son da Muralla presentou oficialmente o cartel completo da súa 25ª edición, que se celebrará o vindeiro 1 de agosto. No acto estiveron presentes a Alcaldesa Marta Valcárcel e a directora xeral de Xuventude da Xunta, Lara Meneses.

Esta edición tan especial contará coa presenza do recoñecido artista internacional SASH! O cartel reúne a varios artistas que xa deixaron pegada en anteriores edicións, como DJ Charlie, Marvin, Andrea Prezioso, Mari Ferrari, Sonic e Marcos Magán. Tamén terá un papel especial Adán, artista local de Salvaterra ligado aos primeiros anos do festival.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.