O SLG e Ribeira Sacra coinciden en mellorar a denominación de orixe

Valoran a evolución do sector dende a crise do 2024

Ourense | O Sindicato Labrego Galego mantivo un encontro co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, António Lombardía, no que analizaron a perspectiva de cara á vindeira campaña de vendima. No encontro participaron Brais Álvarez, responsable da Secretaría de Acción Sindical do Sindicato Labrego Galego (SLG), David Álvarez, viticultor de Pantón (Ribeira Sacra) e novo responsable do Sector do Viño do sindicato, e María Ferreiro, secretaria xeral do SLG.

Do encontro trasladáronse perspectivas positivas sobre a evolución do sector tras a grave crise que atravesou a DO no ano 2024, confirmando unha clara sintonía entre as dúas organizacións sobre os pasos seguintes para consolidar a estabilidade do viticultor.

Melloría visible
O SLG valora positivamente as decisións implementadas polo Consello Regulador durante os últimos meses como resposta á crise de excedentes. A redución de cupos a 7.500 quilos por hectárea e a implantación de axudas destinadas á conservación da paisaxe foron determinantes para normalizar a situación da DO. “Moitas desas medidas conseguíronse tamén a través da mobilización que o sector realizou”, recoñece o sindicato.

Os prezos da uva están a experimentar unha melloría gradual, e tanto o SLG como o Consello Regulador van manter unha vixilancia conxunta para asegurar que a prioridade sexa sempre a estabilidade económica do viticultor. “Temos sintonía clara: o Consello Regulador ten establecido de forma resoluta que debe haver estabilidade para quen produce a uva, máis alá das dinámicas de mercado que a miúdo traballa en contra do produtor”, afirma Brais Álvarez.

Promoción forte
Un dos temas que ambas organizacións identifican como fundamental é a necesidade de que a DO Ribeira Sacra impulse unha forte promoción da propia marca para poder competir en igualdade de condicións no mercado actual. O Consello Regulador recoñece que o posicionamento diferenciado da denominación require dun impulso importante nos próximos meses.

Drones para sulfatado
Un dos temas máis relevantes abordados na reunión foi a cuestión dos drones para o sulfatado de fitosanitarios. Tanto o SLG como o Consello Regulador defenden que o marco normativo existente permitira a súa aplicación nos viñedos de Ribeira Sacra, pero é necesaria unha autorización que compete exclusivamente ao Ministerio de Agricultura.

O Consello Regulador está traballando conxuntamente coa Xunta de Galicia para exercer presión ante o Ministerio coa finalidade de acadar a autorización desta tecnoloxía. “É necesario que o Ministerio profundice nel e autorice a aplicación”, afirma Álvarez. Nese sentido, o SLG comprometeuse a continuar verificando se a Xunta está traslladando este asunto de forma efectiva aos órganos correspondentes en Madrid.

De grande relevancia é o proxecto de investigación conxunta que está a desenvolverse entre Ribeira Sacra e outras dúas denominacións españolas de características similares —en Canarias e Catalunya—, para estudar de forma rigorosa as ventaxes e inconvenientes dos drons en zonas vitícolas montañosas.

Estudos oficiais
Tanto o SLG como o Consello Regulador insisten na necesidade urxente de que se realicen estudos oficiais e independentes que determinen os custos reais de produción na DO Ribeira Sacra. “Esa información é vital para poder valorar obxectivamente se o prezo que se está percibindo actualmente é suficiente e para identificar con precisión aonde está havendo distorsión na cadea de valor”, explica o sindicato.

O SLG instu ao Consello Regulador para que continúe presionando de forma decidida á Administración neste sentido, especialmente de cara a garantir o cumprimento efectivo da Lei da Cadea Alimentaria e evitar compras por debaixo de custos.

O modelo de Ribeira Sacra
O SLG valida a aposta do Consello Regulador pola implementación de medidas que benefician ao viticultor sen comprometer a xestión do mercado. Ribeira Sacra viviu unha crise moi similar á que hoxe enfronta Rías Baixas. A redución de cupos e a implementación de axudas tiveron un impacto positivo na estabilización do sector, mais o determinante agora é que a Xunta de Galicia sexa capaz de aplicar urxentemente estas mesmas accións a DOs como Rías Baixas para protexer a produción fronte aos ciclos de mercado.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.