O Saviñao xa ten o primeiro albergue de peregrinos do Camiño de Inverno

Foi inaugurado por Alberte Núñez Feijóo, presidente en funcións da Xunta de Galicia

O Saviñao | O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, destacou o día 5 de maio a apertura do primeiro albergue público de peregrinos do Camiño de Inverno no Saviñao.

Durante unha visita ás novas instalacións, Feijóo salientou que este albergue, situado no antigo Pazo Bispal de Diomondi, Ben de interese Cultural, conta con todo tipo de servizos –34 prazas, aseos, cociña, sala de ocio, lavadoiro e cuarto de bicicletas-; ademais de garantir a accesibilidade e a inclusividade, con habitacións adaptadas a persoas con mobilidade reducida, pictogramas e paneis en sistema Braille ou bucles magnéticos para persoas con problemas auditivos.

“Pero o do Saviñao non será o único albergue público co que contará esta ruta, que pasa polas catro provincias e que ten moitos atractivos, como os bancais de vides ou os meandros da Ribeira Sacra, candidata á Patrimonio da Humanidade.

Así como tamén igrexas e mosteiros de estilo románico en cada recuncho”, afirmou, recordando a aprobación, no último Consello, do convenio con Carballeda de Valdeorras para a rehabilitación dunha edificación tradicional e convertela en centro de peregrinos.