O Sahara Occidental non é territorio marroquí, por se alguén o dubidada.

O pasado día 29 de setembro o Tribunal de Xustiza da Unión Europea veu ratificar o que todos sabiamos, a pesar do interese dalgúns por negalo, que o Sahara Occidental non esta baixo a soberanía do Reino de Marrocos.

O mencionado Tribunal, atendendo ás apelacións iniciadas en 2019 pola Fronte POLISARIO na súa calidade de representante do Pobo Saharauí, anulou totalmente os acordos comerciais entre a Unión Europea e Marrocos que incluían ilegalmente ao territorio de Sahara Occidental.

Esta anulación faise en base a que deben incluír o consentimento do Pobo Saharauí, representado pola Fronte POLISARIO, para calquera acordo internacional aplicable ao Sahara Occidental.

Con esta sentenza o Tribunal rexeita as pretensións expansionistas marroquís, lembrando que, en virtude do dereito á autodeterminación e a independencia, o Sahara Occidental ten un status separado e distinto con respecto ao Reino de Marrocos, recoñecendo á fronte POLISARIO como lexítimo representante do Pobo Saharauí e con capacidade para emprender accións legais para defender os dereitos do seu pobo con respecto ao seu territorio nacional e os seus recursos naturais.

Nado no ano 1974, un ano antes da entrega do Sahara por parte de España a Marrocos. Activista polos dereitos do Pobo Saharaui, é membro de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Fundador e administrador da web www.porunsaharalibre.org