O Rosal reivindica o legado de “8 mulleres”

Con motivo dos actos deste 8M

O Rosal | Con motivo do 8M, o Concello celebrará un innovador roteiro guiado denominado “8 mulleres” e que percorrerá a historia de rosaleiras que foron clave no desenvolvemento do municipio, reivindicando o seu legado moitas veces silenciado.

Ao roteiro que partirá da Casa do Concello seguiralle unha concentración na Praza do Calvario. Todas as persoas inscritas na actividade recibirán un agasallo conmemorativo.