O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” chega a Covelo

Este mércores 5, da man da Deputación de Pontevedra, coa obra “Costuras” de Andrea Valle

O Covelo | O concello de Covelo convida a toda a cidadanía á obra “Costuras” de Andrea Valle que terá lugar mañá mércores día 5 ás 12:30 horas no auditorio municipal.

Organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra no marco do programa “Mulleres en acción. Violencia zero” que entendeu a emerxencia feminista e a urxencia cultural que demandaba o momento e saíu á rúa levando nas súas pezas artísticas as problemáticas da situación actual: visibilizando, sensibilizando e implicando.

Este programa aposta polas mulleres artistas que, nesta crise sanitaria, sufriron a cancelación e o aprazamento de case todos os seus proxectos culturais. Ademais do público xeral, tamén asistirá o alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez.

Co obxectivo de loitar pola igualdade o Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra ofrecen esta obra interpretada pola artista Andrea Valle que o público poderá desfrutar totalmente de balde. Máis información de “Mulleres en acción. Violencia Zero”.