O PPdeG saca músculo electoral de cara ao 28M

Presentou en Santiago as súas 313 candidaturas municipais

Santiago de Compostela | O PPdeG entra na recta final de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio (28M) O Multiusos do Sar da capital galega foi o escenario este 25 de febreiro da presentación das súas 313 candidaturas municipais, onde o partido buscará volver a ‘tinguir de azul’ o mapa político galego nun acto que contou coa asistencia de máis de 4.000 militantes e simpatizantes.

O momento era propicio para que o PPdeG amosara a súa forza política e electoral. Por tanto, o acto contou coa presenza dos altos cargos do PPdeG, liderados polo actual presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, así como do actual presidente do Partido Popular de España e ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Con eles tamén estiveron presentes o vicesecretario de Organización, Miguel Tellado, e o portavoz de campaña, Borja Sémper, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, os catro presidentes provinciais, o portavoz parlamentario Pedro Puy, entre outros.

O acto comezou co discurso o candidato anfitrión, neste caso Borja Verea, quien lidera ao PP compostelán para os comicios do 28M. De seguido falaron a candidata á alcaldía de Cambados, Sabela Fole, o alcalde de Xunqueira de Ambía desde hai 44 anos, José Luis Gavilanes; e a candidata máis nova, Nicole Grueira, aspirante á alcaldía da localidade lucense de Pol, a primeira da historia do PPdeG nada no século XXI.

“Rueda: o PPdeG é o partido que máis se parece a Galicia”

No seu discurso, Rueda reivindicou que o PPdeG é “o partido que máis se parece a Galicia”, remarcando a necesidade de conseguir “maiorías absolutas para evitar gobernos de perdedores” porque “xa se sabe o que son os bipartitos”.

Xunto con Feijóo, Rueda definiu o 28M como “a antesala do cambio” en España, lanzando un discurso severo contra o presidente do goberno Pedro Sánchez (PSOE), particularmente polo seu abandono a Galicia reprochándolle que os fondos europeos continúen “embalsados” cando son necesarios para crear postos de traballo en Galicia.

No Multiusos do Sar, o PPdeG puxo en marcha a súa maquinaria para gañar o poder municipal e provincial, poñendo énfase nos esforzos para alcancar a vitoria nas sete principais cidades galegas.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.