O Porriño sufríu inundacións por desbordamento do río Louro

Recolleronse máis de 100 litros de choiva por metro cadrado

O Porriño | O desbordamento do río Louro en varios puntos ao longo do termo municipal, así como os problemas na rede de pluviais, causados polas fortes choivas caídas entre onte e esta mañá, provocaron varias inundacións.

112 Emerxencias Galicia así como diversos particulares requiriron a intervención de Protección Civil e Policía Local do Porriño así como do Parque de Bombeiros.

Segundo os informes, o río Louro desbordouse na Guía-Atios, na estrada de Pontellas a Torneiros, á altura da nave “Maderas Iglesias” e xunto ao velódromo.

Por outra banda, rexistráronse bolsas de auga en varias rúas dos Parques Industriais das Gándaras e A Granxa. Tamén houbo inundacións na Casilla, nº 19; en Abelenda-Pontellas onde afectou un baixo comercial onde hai unha perruquería e en Eidos-Atios, 21 onde tamén afectou a unha vivenda.

Por outra banda, tamén foron requiridos pola caída dunha árbore no acceso á autoestrada AP-9 en Torneiros.

Segundo os datos da estación meteorolóxica de Atios da rede de “MeteoGalicia”, entre onte mércores e hoxe xoves recolleronse no Porriño máis de 100 litros de choiva por metro cadrado.