O Porriño se prepara para a II edición “Improvisado. Batalla de Debuxantes”

Terá lugar o 18 de setembro no marco das Festas do Cristo

O Porriño | A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizadores do segundo concurso “Improvisado, Batalla de Debuxantes”, anuncian os últimos preparativos desta segunda edición que terá lugar o 18 de setembro, dentro da programación das Festas do Cristo.

A produtora do evento, “Vella Escola” distribuíu un vídeo – que adxuntamos – co trofeo deseñado para premiar ao gañador entre os seis participantes seleccionados para competir na final.

O acto terá lugar o vindeiro sábado, no Parque do Cristo, a partir das cinco da tarde. A produtora preparou un escenario onde os seis finalistas terán que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados. Serán valorados por un xurado formado por “O Ras” (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.

A animación do evento estará a cargo de DJ Santi nos pratos, e Tai Beatbox ao micrófono.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!